Fai clic nas caixas para escoller as opcións que precises filtrar, preme o botón de Peneirar, e listo!

Como vai isto?

Volai-vai é basicamente un arquivo de cantigas tradicionais aportadas polos usuarios (o caixón), cun buscador avanzado (a peneira) e algunhas outras sorpresiñas que terás que ir descubrindo...

Para comezar:

  • A plataforma está pensada para que @s usuári@s compartades cantigas que coñezades, establecendo unha rede social arredor da literatura tradicional de transmisión oral. Ou sexa, que tamén tedes a posibilidade de facer comentários nas cantigas que outr@s usuári@s publican; ou crear a vosa listaxe de cantigas preferidas.
    Para publicar cantigas
    • 1 Rexístrate en volaivai.gal para crear un perfil de usuario. Se é a primeira vez, podes clicar no botón de Acceso do menú principal ou directamente en Engadir cantiga: Abriráse un cadro de diálogo para completar o rexistro
    • 2Accede desde o menú principal a Engadir cantiga, ou desde a sección O meu espazo, onde tamén atoparás todo o que precises para xestionar a túa listaxe de cantigas preferidas.
    • 3Para escribires os versos, verás un formulario con 3 apartados para completares. Isto é importante,xa que os datos que introduzas serán os que o sistema logo empregue para peneirar resultados.

    Atoparás estes campos para encher:

    • Versos: Dispós de 5 caixas de texto, das que terás que completar un mínimo de 3. obrigatorio
    • Etiquetas: Información da temática e do tipo de cantiga que vas partillar, a escoller das tres listas que aparecen.moi recomendábel opcional
    • Localizador: Podes escribir nesta caixa ou ben un enderezo ou ben coordenadas do Google Maps. Isto é moi útil para facer pesquisas das cantigas por zonas ou mesmo por lugares concretos.recomendábel opcional
    • Publicación: Podes escoller se queres que a tua cantiga sexa visíbel para tod@s, ou só almacená-la no teu espazo. En ambo-los dous casos poderás editá-la ou borrá-la cando queiras indo à sección O meu espazocontrol da publicación
  • Para aclarar, imos acordar chamar “cantiga” ao contido literário da música tradicional. Os versos e letras das cancións, por asi dici-lo.
    Trata-se de recuperarmos e pormos en valor esas letras, polo que vos pedimos que sexan cantigas que vós mesm@s aprenderades (indo de recolleita, ou “recollendo” directamente na familia, na casa...).

    Nos comentarios podedes tamén facer calquer aclaración, ou sinalar outras versións ou localizacións desa mesma estrofa.

    Alén disto, o sistema aceitará cantigas que cadren nestas tipoloxías: Copla Tercetiño Seguidiña
    • Segundo a súa forma: (copla -de 4 versos-, tercetiño -de 3- ou seguidiña -de 5 versos curtos-)
    • Segundo a súa función: (se é unha cantiga específica para algún uso concreto -como "desafio" ou "aña"- ou de carácter xeral para a festa -con nomes distintos segundo a zona, como "serán" ou "ruada")
    • Segundo a súa temática
    • Se nalgunha das tres listas non atopas o que precisas, ou se non queres limitar tanto a pesquisa, podes marcar “todas” ou “outra”, e engadir à cantiga un comentário explicativo. Se queres, tamén podes propoñer-nos etiquetas novas para implementar. En Volai-vai estaremos encantad@s de recibir os teus aportes!
  • À parte de ver as cantigas aportadas polo resto da tropa Volai-vai ao “Caixón”, podes "peneirar" as cantigas do sistema, e facer pesquisas segundo distintos parámetros:
    Ademais, tamén podes personalizar o teu perfil e modificar os datos de rexistro sempre que queiras, accedendo à sección “O meu espazo”.
  • O xeito máis directo de colaborar é aportando cantigas que non estean xa no caixón, mais tamén podes aportar imaxes ou fotomontaxes -se te sintes creativ@-, novas etiquetas para as listas de catalogación, ou calquer outro aporte que se che ocorra.
  • O feito é que esta plataforma non ten ningunha axuda pública ou privada, e parte dunha iniciativa de 4 persoas (Tentatoura - deseño gráfico) que pensan que Galiza precisa máis "tecido" dixital, e sobre todo novos espazos onde difundir a cultura tradicional.

    Como imaxinas, un proxecto deste tipo leva horas de traballo desinteresado de toda a equipa, mais tamén conleva algúns gastos que cómpre sufragar (como aloxamento e domínio web, por exemplo), e é para ese tipo de gastos que decidimos incorporar as doazóns a través de PayPal. Tes máis información sobre isto na Sección de apoio

Volai-vai.gal utiliza cookies para mellorar e obter datos estatísticos da navegación. Ler o aviso legal